Especial Día da Radio en «Radio Sénior»

O 13 de marzo conmemórase o Día Mundial da Radio en todo o mundo, un día especial no que se fai homenaxe ao medio de información con maior capacidade de inmediatez, e con maior presenza en todo o mundo.

Co gallo desta celebración, os compañeiros e compañeiras do programa RADIO SÉNIOR, elaborado polo alumnado da Universidade Sénior en CUAC FM, a emisora comunitaria da Coruña, realizaron este pasado xoves un programa especial no que entrevistaron en profundidade ao decano xornalista de RNE  Antón Luaces, quen foi director durante moitos anos do exitoso e premiado programa «Españoles en la Mar».

Actualmente xubilado, Luaces segue a colaborar en xornais como «La Opinión«, «Faro de Vigo» e «Mundiario«, e participa nunha tertulia de Radio Coruña-Cadena SER. 

Na última parte do programa entrevistaron a Isabel Lema, profesora do taller de comunicación social da Universidade Sénior e membro do consello de durección de CUAC FM. A conversa xirou en torno ao documental NADA QUE VER, que se estrenou con pompa eo boato no teatro Colón da Coruña o mesmo 10 de febreiro.

Un documental dirixido polo cineasta Iago Prada, sobre os 25 anos de historia de CUAC FM que acolleu a máis de 500 personas no Colón, e que estivo presentando por Xosé Ramón Gaioso, Víctor Grande e Lucía Veiga.

A entrevista a Antón Luaces comeza no minuto 15 do audio. A entrevista a Isabel Lema comenza no minuto 40. 

Podedes escoitar os podcasts do programa RADIO SÉNIOR neste link.